10 FOTOGRAFÍAS QUE MARCARON A HISTORIA
Estas fotografías convertíronse nunhas das máis famosas do mundo polo que transmiten ao observalas e a historia que son capaces de contar sen palabras. Á súa vez, as seguintes fotografías marcaron e cambiaron a historia.
Esta fotografía foi tomada no ano 1932 en Nova York. Nela aparecen os obreiros que estaban construíndo o edificio de GE no centro Rockefeller, almorzando no piso 69.
- O bico
Esta fotografía foi tomada o 14 de agosto de 1945 en Time Square, Nova York. Ese día, a Segunda Guerra Mundial terminaba oficialmente. O home da foto (un mariñeiro que chegaba da guerra), bica a unha enfermeira que non coñecía. Según o fotógrafo, o mariñeiro ía bicando a todo mundo expresando a súa felicidade de non ter que voltar á guerra.
- Portada "Abbey Road" de The Beatles
Para moitas persoas, esta é considerada a foto máis famosa da historia da música. Nela aparecen os integrantes de The Beatles cruzando unha rúa (que se fixo famosa) en Londres. O que máis chamou a atención foi o home que aparece atrás, Paul Cole, que nunca se fixo famoso.
- Ataque en Vietnam
Esta fotografía foi tomada no ano 1972 en Vietnam. Despois do lanzamento dunha bomba, unha nena de nove anos de Nepal tivo que deshacerse da súa roupa, que se atopaba en chamas. A nena foi salvada polo mesmo fotógrafo na Guerra de Vietnam. Actualmente, esa rapaza vive en Toronto e é embaixadora da UNESCO.
- O home do tanque
Esta fotografía foi tomada no ano 1989 en Pekín. Un home anónimo volveuse internacionalmente famoso ao ser fotografiado de pé fronte unha liña de varios tanques. Según os testigos, os tanques esquivaron ao home pero este continuou interpoñéndose en fronte deles. Entón, uns soldados o capturaron, o subiron a un automóvil e nunca máis se soubo nada del.
- Albert Einstein
Esta fotografía foi tomada no ano 1951 en EEUU. Albert Einsten é o científico máis coñecido de todos os tempos. No seu 72 aniversario, sacou a lingua diante da cámara de Arthur Sasse. Esta foto convertiuse na imaxe máis recoñecible deste xenio.
- Sharbat Gula, a nena afgana
Esta fotografía foi tomada en 1984 en Pakistán. No 1985, a xoven Sharbat Gula foi portada de National Geographic, cunha fotografía tomada nun refuxio de Pakistán cando tiña 12 anos. 18 anos máis tarde (no 2002), o mesmo fotógrafo a buscou e a atopou en Afganistán (tiña 30 anos).O que máis chamou a atención da fotografía, foron os seus ollos.
- O home na Lúa
Esta fotografía foi tomada no ano 1969 na Lúa por Neil Armstrong. Nela apréciase a Buzz Aldrin, o segundo home en pisar este satélite, durante a misión Apolo 11 (impulsada pola NASA). "Un pequeno paso para o home, un gran salto para a humanidade."
- Marilyn Monroe
Esta fotografía foi tomada en 1954 en Nova York. É unha das fotos máis clásicas de Marilyn Monroe, quen chegou a ser unha das actrices máis famosas de Hollywood. Foi sacada durante a rodaxe dunha escena de "A tentación vive arriba". A súa personaxe camina por enriba dun respiradeiro do metro de Nova York e o vento levantáballe o vestido.
- Primeira vista da Terra desde a Lúa
Esta fotografía foi tomada no ano 1968 na Lúa por William Anders. Esta é a primeira vista da Terra desde a Lúa durante a misión Apolo 8, a primeira viaxe tripulada por humanos ao espazo. Os tres homes da tripulación convertíronse nos primeiros seres humanos en ver a cara oculta da Lúa e en ver a Terra desde unha órbita ao redor doutro corpo celeste.
Comentarios
Publicar un comentario