8 CURIOSIDADES FOTOGRÁFICAS



A fotografía é a ciencia e a arte de obter imaxes duradeiras pola acción da luz, capturándoas nun medio sensible á luz ou pola conversión en señais electrónicas. Etimolóxicamente, provén do grego e traduciríase como "A escritura da luz". A historia da fotografía comeza oficialmente no ano 1839 (con científicos como Niépce e Daguerre), pero estas curiosidades axudarannos a coñecer os seus antecedentes e as súas orixes. 



1.  O pai da fotografía bautizouna inicialmente co nome de "heliografía"

Niépce (científico francés) obtivo as primeiras fotografías expoñendo placas metálicas á luz do sol. Por iso, chamou a este procedemento "heliografía", do grego helios (sol) e grafía (escritura ou debuxo). O nome definitivo da fotografía xurdiu no ano 1839 con Herschel. 


2.  O primeiro libro ilustrado con fotografías chamábase "Pencil of Nature" ("O lapis da Natureza")
Resultado de imagen de pencil of nature


Foi publicado en Londres en seis entregas, entre os anos 1844 e 1846. O seu autor, Henry Fox Talbot, anunciaba o "inicio dun novo arte" e mostraba as súas aplicacións en ciencia e tecnoloxía. 




3.  "Vostede apreta o botón, nós facemos o resto" foi o eslogan co que se puxo á venta a primeira cámara de fotos popular

Tratábase dunha cámara vendida pola compañía Eastman Kodak no ano 1888, cargada cun carrete de 100 fotos. Cando se facían estas 100 fotos, enviábase a cámara a Kodak. Estes extraían o carrete, revelaban as fotos e devolvían a cámara cargada cun novo carrete. Coa súa chegada ao mercado, o uso da fotografía estendeuse a toda a poboación.


Resultado de imagen de usted aprieta el botón nosotros hacemos el resto


 4.  O principio da cámara escura


Como antecedente e base da fotografía, atópase a cámara escura. 

A cámara escura é un instrumento óptico que permite obter unha proxección plana dunha imaxe externa sobre a zona interior da súa superficie. Os aparatos fotográficos actuais herdaron a palabra "cámara" das antigas cámaras escuras. Consiste nunha caixa cerrada e un pequeno oco polo que entra unha pequena cantidade de luz que proxecta na parede oposta a imaxe do exterior. 


5.  O daguerrotipo



O daguerrotipo foi o primeiro procedemento fotográfico, anunciado oficialmente no ano 1839. Foi desarollado por Louis Daguerre a partir das experiencias previas de Niépce. No daguerrotipo, a imaxe fórmase sobre unha superficie de prata pulida como un espello. A imaxe revelada está formada por partículas microscópicas de mercurio e prata. 


6.  A fotografía máis antiga do mundo

Trátase dunha toma feita en 1827 cunha cámara escura, realizada por Niépce. Foi tomada desde a ventá da súa casa en Le Grass (Francia) e realizouse en oito horas. Niépce bautizou estas imaxes como heliograbados (cando eran reproducións de grabados xa existentes) e puntos de vista (cando eran imaxes captadas ao natural). 


Resultado de imagen de primera fotografia


Moitos consideran que esta é a foto oficial tomada por Niépce. Sen embargo, dise que dous anos antes, este científico xa conseguira unha imaxe fixa dun home tirando dun cabalo. 


7.  A primeira fotografía en cor


Resultado de imagen de primera fotografia en color

A primeira fotografía con cor permanente foi tomada en 1861 polo físico escocés James Clerk Maxwell. Presentou o seu método en Londres, coa intención de demostrar que calquera cor podía obterse mezclando luces das tres cores primarias (vermello, amarelo e azul) en distintas proporcións. 





8.  A primeira persoa nunha fotografía



Resultado de imagen de la primera persona en una fotografiaA primeira fotografía dunha persoa tomouse en 1838 (aínda que algúns estudios a datan no 1839), feita por Louis Derregue no Boulevard du Temple en París. Na zona inferior esquerda, pódese observar un home levantando unha perna mentres lle limpian as botas. O máis curioso é que, nese mesmo intre, circulaban pola avenida varias persoas e vehículos. Sen embargo, a xente pasaba demasiado rápido como para poder aparecer na imaxe. 










Comentarios

Entradas populares