A FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA



A fotografía constituíu desde os seus inicios un medio de gran utilidade na investigación científica, xa que posibilita rexistrar fenómenos que non poden ser observados directamente.A fotografía científica ten un importante compoñente educativo, enfocado á comunicación e á divulgación científica.Entre as máis importantes especializacións da fotografía no campo científico destacan: 

    Resultado de imagen de fotografia estereoscopica
  • A fotografía estereoscópica:  Baséase na visión humana e na separación que existe entre os nosos ollos, que reciben cada un unha imaxe diferente que o cerebro une creando o efecto de tridimensionalidade. A fotografía reproduce os obxectos sobre unha superficie plana e a ilusión da profundidade é grazas á perspectiva e ao claro-escuro.





  • A fotografía infravermella e ultravioleta:  Permite obter imaxes imposibles de ser captadas pola vista do home. Un dos métodos para realizar este tipo de fotografía consiste en utilizar unha fonte de luz ultravioleta para iluminar ao obxecto, de forma que o obxectivo da cámara estea provisto dun filtro que permita unicamente o paso desta luz. Outro método sérvese da fluorescencia causada pola luz ultravioleta.







      Resultado de imagen de fotografia aerea y orbital
    • A fotografía aérea e orbital:  A fotografía aérea analiza a superficie terrestre mediante máquinas fotográficas instaladas en medios aéreos. Aplícase na investigación arqueolóxica, xeolóxica, na agricultura (para obter información sobre a natureza dos terreos e a extensión dos cultivos) e na arqueoloxía (para investigar o subsolo sen escavar). A fotografía orbital obtén imaxes de altura moi superior ás da fotografía aérea, mediante aparellos fotográficos situados sobre vehículos espaciais ou satélites en órbita ao redor da Terra.



      Imagen relacionada
    • A fotografía subacuática:  Utilízase por ciencias como a arqueoloxía subacuática, a bioloxía mariña ou de augas continentais, a ecoloxía e a oceanografía. Os equipos fotográficos deben ser resistentes á presión e empregar equipos de flash.






      Resultado de imagen de macrofotografia
    • A macrofotografía:  Realiza fotografías de obxectos moi pequenos, ou de detalles de obxectos de maior tamaño. Teñen un uso moi acentuado dentro da investigación biolóxica, debido a que posibilita o estudo de características de diversas especies (animais e vexetais). Tamén destaca na fotografía de artigos de reducido tamaño como xoias e moedas.




    A continuación, deixo dous vídeos. Un é sobre a fotografía submarina e o outro é unha recopilación de macrofotografías. 








    Comentarios

    Entradas populares