O OBXECTIVO FOTOGRÁFICO
Denomínase obxectivo ao dispositivo que contén o conxunto de lentes converxentes, diverxentes e, nalgúns casos, o sistema de enfoque e obturación, que forman parte da óptica dunha cámara tanto fotográfica como de vídeo. A súa función é redireccionar os raios de luz para crear unha imaxe "óptica" e manter un equilibrio dos elementos ópticos.
Para
diferenciar os distintos obxectivos, temos que coñecer as súas
características principais:
- A luminosidade: Está condicionada pola cantidade de lentes que o compoñen, as súas composicións químicas e os seus diámetros. Isto define a apertura máxima do seu diafragma, coñecida como apertura efectiva.
- A distancia focal: Indica a distancia (en milímetros) desde o centro óptico do obxectivo ata o plano focal. Define o aumento ou zoom do obxectivo, ou canto se achega a imaxe ao punto de vista do observador. Canta máis distancia focal, a imaxe será máis grande, por exemplo: un obxectivo de 100mm produce imaxes do dobre tamaño que un de 50mm.
- A abertura: Adóitase indicar co chamado "número F", que consiste nun cociente entre a súa abertura máxima e a súa distancia focal. O número f é inversamente proporcional á abertura: a menor número f, máis abertura e, polo tanto, maior luminosidade. Os obxectivos poden ser de número f fixo ou variable, e a súa abertura regúlase mediante o diafragma. Esta se representa graficamente no obxectivo (por exemplo, "f/2.8"). Nos obxectivos zoom pode ser representado por dous valores, indicando así a dispoñibilidade de abertura segundo os extremos de funcionamento para obxectivos de distancia focal variable.
Comentarios
Publicar un comentario