FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA
E, por último, adentrámonos na fotografía artística. Considero que este é o tipo de fotografía máis interesante e máis necesario. Transmítenos sentimentos e sensacións que ningún outro tipo de fotografía consegue facer.
Para moitos fotógrafos, a fotografía é considerada unha arte, aínda que non todas as fotos son artísticas ou creativas.
A fotografía artística é un tipo de fotografía que non resulta fácil de definir. Sen entrar nos conceptos da arte, unha fotografía considérase artística cando o autor crea a súa obra co fin de transmitir un sentimento ou unha sensación.
O propósito da fotografía artística vai máis alá da simple representación da realidade. Nin sequera necesita ser fermosa, pero si provocar reaccións.
Unha foto pode ser unha obra de arte?
Case desde o principio, a fotografía considerouse unha arte máis, que utiliza como ferramenta principal unha cámara fotográfica e, nos últimos tempos, un programa de edición. As fotos artísticas non se toman, senón que se crean, e dependen dos dotes artísticos e a creatividade do fotógrafo e do seu modo de plasmala nunha imaxe.
Neste tipo de imaxes, a intencionalidade do fotógrafo profesional cobra vital importancia. O seu humor, os seus sentimentos, os seus desexos, os seus pensamentos e as súas intencións fanse protagonistas da imaxe moito máis alá da representación física que queda plasmada na foto.
Unha foto artística non sae por casualidade. Necesítase un certo dominio da técnica fotográfica, capacidade de observación, reflexionar sobre o concepto que se quere transmitir... E capacidade de reacción, porque, ás veces, o resultado final é distinto ao proxectado. Pero un artista sabe estar aí e adaptarse.
Dentro das correntes artísticas, destaca a fotografía conceptual.
Trátase dun estilo que pretende transmitir á mente do espectador un concepto ou idea a través dunha imaxe. É un tipo de fotografía que require intención e planificación. A diferenza é que o importante é a mensaxe, e que se capte de forma inmediata. Esta foto é un exemplo de fotografía conceptual:
Por tanto, este tipo de expresión artística fala máis do seu autor que do obxecto ou suxeito retratado. O escritor estadounidense John Steinbeck dicía que "a fotografía podía ser unha extensión da mente e do corazón, e sería tan boa como o home que a fixese".
A pesar destas individualidades, tamén tenta combinar a expresión de aspectos persoais do fotógrafo con cuestións universais para poder achegarse á maior parte do público.
Unha corrente artística pouco coñecida é a fotografía estenopeica, baseada nunha técnica que apenas utiliza equipo fotográfico. Unha cámara estenopeica é unha caixa cun pequeno buraco chamado estenopo. No lado oposto hai unha lámina ou película que debe colocarse no cuarto escuro. Produce fotos borrosas, desenfocadas e únicas. Considérase fotografía creativa. Esta foto é un exemplo de fotografía estenopeica:
Algúns fotógrafos destacados da fotografía artística son:

- Philippe Halsam
- Helmut Newton
- Chris Steele-Perkins
- Burt Glinn
- René Burri
- Bruno Barbey
Comentarios
Publicar un comentario