FOTOGRAFÍA PUBLICITARIA

A partir da anterior clasificación dos tipos de fotografía, vou a falar un pouco máis dos tres tipos que considero máis interesantes. 

A fotografía publicitaria ou comercial converteuse nun dos campos máis creativos dentro do mundo da imaxe. O seu obxectivo é vender, e para iso hai que usar a imaxinación.

A fotografía publicitaria nace co fin de anunciar, dar a coñecer e vender un produto. En principio a súa única intención era mostrar o que o anunciante quería vender, facer saber á xente que o produto existía e conseguir que o acabase comprando. Segue tendo eses mesmos obxectivos, pero, co tempo e a competencia, foi transformándose na baza máis importante das campañas de publicidade e, ás veces, en toda unha arte.

A diferenza doutros xéneros fotográficos, a calidade dunha imaxe publicitaria pódese medir, e dunha forma moi sinxela: se aumentan as vendas, é boa; se non, non o é. En definitiva, a súa calidade artística e a súa dificultade técnica importan, pero só se axudan a incrementar o prestixio da marca.

Características e técnicas da fotografía publicitaria
Para que unha foto consiga convencer ao cliente debe cumprir varios requisitos e, aínda así, o seu éxito non está garantido. Estes son os mínimos:
  • Atraer a atención: Conseguir unha imaxe que capte a mirada do público. Facela rechamante de modo que non pase desapercibida para o cliente e poida ser lembrada no futuro.


  • Transmitir unha idea concreta: O anunciante ten unha idea que ha de ser plasmada na foto, se isto non se consegue pode ter consecuencias nefastas.

  • Animar á compra: Empuxar ao cliente para comprar o produto. Unha vez captada a súa atención e transmitida a idea do anunciante, o destino final da foto comercial debe ser estimular á compra.

Ademais de todo isto, dar unha boa imaxe resulta primordial, polo que se ha de ter coidado coa mensaxe transmitida ou a fotografía en si mesma. Máis que representar unha realidade, a fotografía publicitaria debe crear escenas que, dalgún modo, resulten apetecibles, a miúdo apelando aos sentimentos do cliente potencial máis que á propia descrición do produto.

Algúns dos fotógrafos máis destacados da fotografía publicitaria son:



  • Alex Praguer
Fotografía publicitaria de cerveza por Alex Prager



  • Alexandra Hager
Fotografía publicitaria realizada por Alexandra Hager


  • Kalle Gustafson
Fotografía publicitaria de Armani por Kalle Gustafsson



  • Michael David Adams
Fotografía publicitaria por Michael David Adams



  • The Wade Brothers
Fotografía publicitaria por The Wade Brothers









Comentarios

Entradas populares