O MODO MANUAL


Á hora de facer fotos, o máis importante é o fotógrafo, non a cámara. Non obstante, cando usamos a cámara en modo automático é como se fose a cámara quen fixera as fotos, non nós. Nos modos automáticos a cámara determina todos os aspectos da exposición, escollendo os parámetros segundo para conseguir unha exposición correcta.Por esta razón, se queremos que unha foto sexa realmente creada por nós, debemos usar o modo manual da cámara. O modo manual permite ao fotógrafo ter un control absoluto sobre os distintos parámetros á hora de capturar unha fotografía. O modo manual xira en torno aos tres parámetros principais da cámara e que nos permiten controlar a exposición. Estes parámetros son os seguintes:



  • A apertura do diafragma:  Fai referencia á cantidade de luz que o obxectivo deixará entrar ata o sensor cando esteamos tomando unha fotografía. Represéntase con números f, e canto menor sexa o número maior será a apertura. Isto quere dicir que, por exemplo, unha apertura f/1.7 deixará pasar máis luz que unha f/2.0. Outro dos aspectos para os que serve a apertura é para controlar a profundidade de campo, que é a área da fotografía que vai aparecer enfocada. Cunha profundidade de campo ampla haberá máis elementos enfocados, e cunha reducida poderemos enfocar menos cousas dunha fotografía. Polo tanto, canto máis grande sexa a apertura de diafragma, menor será a profundidade de campo.

  • A velocidade de obturación:  Tamén chamada tempo de exposición,  é o período de tempo que o sensor da cámara vai estar recibindo luz cando esteamos a sacar a foto. Isto é importante porque en función da luz natural teremos que elixir un valor ou outro. Con tempos de exposición curtos, que quere dicir que a foto se toma de forma moi rápida, o suxeito ao que estamos a enfocar aparecerá conxelado na foto. E nos tempos de exposición longos o obxecto pode aparecer movido ou cun efecto que lle de sensación de movemento, xa que se estivo movendo mentres o sensor estaba a captar a luz.

  • A sensibilidade ISO:  É un valor que, na nosa cámara, está representado por un número ISO, e modificalo permítenos indicarlle ao sensor que sensibilidade debe ter á hora de recoller a luz. Se queremos realizar unha fotografía en interior e con pouca luz natural, incrementando a sensibilidade ISO o sensor recollerá máis luz permitíndonos sacar a fotografía sen que se vexa tan escura. Con todo, hai un aspecto negativo en aumentar a sensibilidade, e é que canto maior sexa o ISO máis fácil é que apareza o ruido (variación no brillo ou na cor) nas fotografías. 



Resultado de imagen de MODO MANUAL
Esta foto representa eses parámetros. Comezando por arriba, o primeiro (representado por números como f2) é a apertura do diafragma. Canto máis grande é o valor desa apertura, máis enfocado sae o fondo dunha fotografía. O segundo é a velocidade de obturación. Esta, con tempos de exposición curtos (como 1/1000), fai que a fotografía saia totalmente enfocada e, con tempos máis longos (como 1/2) sairá moi movida. E, por último, a sensibilidade ISO. Canto máis grande sexa o valor do ISO, máis luz recollerá o sensor. Isto provoca que a foto se vexa máis clara e, que, en valores altos como 12800, esté chea de ruido (ou grano).



Non hai unha regra estrita sobre como se deben utilizar estes tres parámetros, pero podemos pensar neles como as puntas dun triángulo equilátero. Cando están niveladas a fotografía é perfecta, e se movemos algún destes valores será necesario compensalo co resto para manter o triángulo equilátero.


Este vídeo explica o funcionamento destes tres parámetros na fotografía en modo manual. Ademais destes tres, engade outro concepto: a exposición. Esta é a barra que aparece con [-2 -1 0 +1 +2] e infórmanos se a exposición está sobre-exposta (sairía unha foto demasiado luminosa) ou  sub-exposta (a foto sairía escura). O ideal para que unha foto estea ben exposta, é preto do valor (0). 






Comentarios

Entradas populares