TIPOS DE OBXECTIVOS


Os distintos tipos de obxectivos fotográficos diferéncianse, principalmente, pola súa distancia focal e o ángulo de visión que abarcan. A clasificación dos obxectivos permítenos saber para que serven e cando usar un tipo ou outro, en función do tipo de fotografía que pretendamos facer. Os tipos de obxectivos fotográficos son os seguintes: 




fotografía tomada por Antonio Martínez a 50mm
  • Normal ou estándar:  Adoita dar un angulo de visión moi parecido ao do ollo humano, é dicir, uns 45º, e non produce distorsións nas liñas. O normal é que sexan de 50mm. Son os máis luminosos podendo chegar a unha apertura de 1.4 f. Abarca paisaxes moderadas ou interiores non moi amplos.








Resultado de imagen de gran angular
  • Gran angular:  As súas focais son entre os 18 e 35mm, con ángulos de visión que van dos 180º aos 63º. Son obxectivos que producen distorsións nas marxes e ofrecen moito realismo ás nosas fotos, xa que teñen moita profundidade de campo. Adóitanse utilizar en espazos abertos como a fotografía de paisaxe, para a fotografía de arquitectura ou en espazos interiores.






    Imagen relacionada
  • Teleobxectivo:  Utilízase para achegar a imaxe ao fotógrafo, é dicir, para tomar fotografías de lonxe. O ángulo de visión é reducido, de 30º para abaixo, cunhas distancias focais que van dos 70mm en diante. Adóitase usar para fotografía de retrato, xa que ten a capacidade de facer enfoques selectivos. É imprescindible para fotografar fauna salvaxe.




    objetivo tamron 18-270

  • Todoterreno:  É aquel obxectivo zoom que cobre desde unha focal de gran angular ata unha focal de teleobxectivo, co cal podemos sacar fotografias de moi diferentes temáticas. 






Nikon 85mm macro
  • Macro:  Están preparados de forma específica para poder fotografar desde moi preto. Permiten o enfoque ata a un centímetro do obxectivo, conseguindo fotografar obxectos realmente pequenos. Son moi usados en fotografía de natureza. 





fotografía con ojo de pez de Bruno Abarca
  • Ollo de pez:  Teñen o maior angulo de visión, alcanzan os 180º ou máis, e a súa distancia focal adoita estar entre os 6 e os 16mm. Estes obxectivos distorsionan demasiado as lineas rectas, polo que se usan buscando ese efecto tan característico que producen.




Comentarios

Entradas populares