O TRÍPODE
Un bo aficionado á fotografía sabe que o seu equipo fotográfico vai moito máis alá da propia cámara. Un dos complementos aos que máis partido pódese sacar, é o trípode. O trípode é necesario para dous principais tipos de situacións: aquelas nas que se necesita utilizar un tempo de exposición o suficientemente longo como para non poder facer a fotografía a pulso, e naquelas fotos nas que quere aparecer o fotógrafo, xa sexan autorretratos ou fotos de grupo.
Para finalizar, deixo un vídeo sobre como escoller un trípode para foto e vídeo:
Por que é necesario un trípode?
O trípode é un complemento esencial para unha cámara. Estas son algunhas das moitas situacións nas que serve de gran axuda:
- Para aumentar a nitidez e a profundidade de campo nas fotos, independentemente da luminosidade da escena.
- Para afinar na composición das fotografías, axustando moi ben o encadre.
- Para gañar calidade nas fotos utilizando un ISO baixo.
- Para poder facer HDR, time lapses e outras técnicas fotográficas nas que se require realizar varias exposicións co mesmo encadre.
- Para poder facer tomas de longa exposición.
- Para fotografía nocturna (lúa, estrelas, paisaxes nocturnas, lightpainting...).
- Para facer autoretratos ou fotos de grupo nas que o fotógrafo estea presente.
- Para facer fotografía macro (flores, insectos, etc.).
- Para facer fotos en posicións ou ángulos complicados.
- Para facer vídeo eliminando vibracións e movementos na cámara
Características dun bo trípode:
Para que un trípode sexa bo, ten que ser:
- Estable.
- Sólido.
- Medianamente pesado (non moi lixeiro).
- De rótula de bóla. Isto é a parte onde colocaremos a cámara, e a parte responsable de inclinala e movela horizontal, verticalmente ou cara aos lados.
- Con controis minimalistas. Canntos menos controis mellor, isto é: unha soa empuñadura para controlar todos os movementos.
Partes dun trípode:
- As patas: Poden estar fabricadas de distintos materiais: aluminio, carbono...
- A cabeza ou rótula: Permite axustar a posición da cámara á hora de encadrar. As máis comúns son as de bóla.
- A columna central: É un elemento para alongar a altura do trípode e para traballar determinados tipos de fotografía como a macro.
- Os pés: A terminación das patas pode ser diferente en función das nosas necesidades. O máis frecuente é que sexan de goma ou de punta metálica.
Para finalizar, deixo un vídeo sobre como escoller un trípode para foto e vídeo:
Comentarios
Publicar un comentario