FOTOGRAFÍA DE ARQUITECTURA

A arquitectura bríndanos excelentes oportunidades para a fotografía. Casas, palacios, igrexas, monumentos e multitude de detalles arquitectónicos illados, que nos impresionan pola beleza das súas magnitudes e proporcións. Pero facer boas fotos de arquitectura non é fácil.

  • A luz sobre os edificios
En toda fotografía a luz é fundamental, e a fotografía de arquitectura non ía ser menos. Practicamente todas as fotos que saquemos a edificios serán con luz natural, así que hai que ter en conta a hora do día para controlar a temperatura da cor, como incide a luz no edificio e como pode resaltar as calidades que este teña.



Cando fotografemos no interior de edificios, as condicións de luz variarán e farase indispensable o uso dun trípode.

fotografía arquitectura mujer

  • O encadre
A fotografía de edificios pode levarnos a facer encadres xerais e conservadores, no que vexamos todo o elemento ou a maior parte del, ou pode encadres pouco convencionais e mostrarnos o edificio desde outro punto de vista.


fotografía arquitectura edificio en blanco y negro

  • As liñas
En arquitectura as liñas son fundamentais. Na fotografía isto ten que verse reflectido. Na fotografía de edificios, se queremos plasmalos tal e como son, debemos procurar que as liñas sexan paralelas. Para iso, usaremos grandes angulares de calidade que non distorsionen a perspectiva ou obxectivos descentrables, que ofrecen resultados asombrosos.


fotografía arquitectura ventanas

Non só as liñas rectas dan moito xogo en fotografía arquitectónica. As curvas engadirán sensación de movemento e dinamismo ás nosas fotos.

Imagen relacionada

  • Os detalles
Tan importante como ensinar o edificio no seu conxunto e mostrar o esplendor da obra do arquitecto, é prestar atención aos pequenos detalles que poden darnos unha gran fotografía.

fotografía arquitectura geometrías

A través destas fotos podemos plasmar texturas, cores, e partes do edificio que merecen especial atención e nas que non se repara en fotografías de planos xerais.


Algúns fotógrafos de arquitectura son: 

  • Mariela Apollonio
fotografía arquitectura casa rural

  • Emilio Chuliá
fotografía arquitectura mujer y edificio

Fotografía de Emilio Chuliá portada en la revista URBAN

  • Roland Halbe

Resultado de imagen de roland halbe

  • Xesús Granada
Imagen relacionada

Comentarios

Entradas populares