FOTOGRAFÍA DE PAISAXE

Fotografar paisaxes non supón demasiada dificultade, pero debemos ter a nosa imaxinación preparada se queremos bos resultados e fotografías orixinais. 

Imagen relacionada

Non só o lugar é importante, tamén debemos coidar ao máximo o encadre, a luz, as condicións atmosféricas e as variacións cromáticas. Tamén é importante saber que as mellores horas son cando o sol está baixo: a mañá e a tarde, sobre todo no amencer e no anoitecer.

Unha  réflex cun obxectivo gran angular e un trípode son ideais para este tipo de fotografía. O gran angular permite encadres amplos e o trípode achega estabilidade á cámara, moi necesaria se se dispara con aperturas de diafragma pequenas (para paisaxes recoméndase  f/11 ou máis).

Unha paisaxe singular vén dada polo contraste das cores e a harmonía das súas curvas, a converxencia das liñas, a perfecta combinación de formas e cores, e a repetición rítmica dos elementos. Para compoñer a fotografía, a regra dos tres terzos nunca falla.

Imagen relacionada

As estacións inflúen poderosamente sobre a imaxe dunha paisaxe. Na primavera as cores son moi brillantes, mentres que no verán a luz é moi intensa e convén, por tanto, aproveitar as horas da mañá (cando o rocío intensifica as cores) ou a última hora da tarde.

Resultado de imagen de fotografia de paisaje primavera

No outono a paisaxe adquire tonalidades cálidas e douradas. Os raios de luz nestes días inciden nos obxectos transversalmente, polo que podemos xogar cos volumes e as texturas.

Resultado de imagen de fotografia paisaje otoño

No inverno debemos aproveitar máis o tempo, xa que as horas de luz serán menos. As condicións climáticas poden afectar negativamente aos nosos equipos cando saiamos a facer fotos.

Imagen relacionada

  • A  hiperfocal na fotografía de paisaxes
Os fotógrafos de paisaxes pretenden ter toda a súa toma enfocada, desde o primeiro plano ata o infinito. Para iso, algúns teñen en conta as nocións básicas para conseguir moita profundidade de campo e outros realizan os cálculos para coñecer cal é a hiperfocal.

A  hiperfocal é a distancia máis próxima á que pode enfocarse un motivo para que toda a escena que quede por detrás estea enfocada ata o infinito. Ademais disto, se disparamos tendo en conta a  hiperfocal, a metade da distancia por diante tamén quedará enfocada. Por exemplo, se os cálculos para achar a  hiperfocal dinnos que debemos colocar o obxecto a 4 metros para que todo estea enfocado por detrás, debemos saber que todo o que haxa 2 metros por diante tamén se verá enfocado.

Imagen relacionada

A distancia  hiperfocal calcúlase tendo en conta a distancia  focal do obxectivo, a apertura de  diafragma que queiramos utilizar e o diámetro dos círculos de confusión. 


Algúns fotógrafos de paisaxes son:

  • Atif Saeed
10689606 896963976995174 838104029153498709 N

  • Vicent Favre
14691151 10154348910839667 3085461410369521225 O

  • Andreas Gursky
Andreas Gursky

  • Ansel Adams
Ansel Adams


Este vídeo recolle 3 trucos que son de gran utilidade na fotografía de paisaxe:






Comentarios

Entradas populares