A REGRA DOS TERZOS

A regra dos terzos é unha das regras de composición máis famosas no mundo da fotografía. É un medio de distribución do espazo dentro da imaxe que xera unha maior atracción respecto ao centro de interese. Coa regra dos terzos conseguirás dotar ás túas fotografías dunha sensación de profundidade e lograrás que se aprecie un maior equilibrio, guiando ao ollo do espectador directamente ao momento de maior interese.

Imagen relacionada


  • Que é a regra dos terzos?
Compoñer unha foto segundo esta regra consiste en dividir mentalmente a imaxe en partes ou zonas iguais. Imaxinamos no cadro dúas liñas equidistantes verticais e outras dúas horizontais.

diagrama de la regla de los tercios

Con isto conseguiremos dividir a imaxe en nove rectángulos iguais e, o máis importante, teremos catro puntos nos que as liñas coincidirán. Estes son os chamados Puntos Fortes ou Principais da imaxe.

A regra dos terzos baséase en algo demostrado: unha composición na que os elementos estean afastados do centro é máis pracenteira para o ollo e parece máis natural que unha na que o obxecto ou suxeito estea colocado no centro. 

Resultado de imagen de regla de los tercios

  • Como usar a regra dos terzos?
Cando esteamos ante unha escena que queiramos fotografar, debemos imaxinar as liñas que dividen o cadro en tres por tres e como quedará o que temos diante dividido nesas partes. Entón debemos avaliar cales son os elementos máis importantes que queremos incluír na foto e tentar colocalos o máis preto posible dos puntos fortes que formou a cuadrícula.

Na fotografía de paisaxes recoméndase colocar o horizonte preto das liñas divisorias horizontais. Deste xeito evitaremos a sensación de partir en dous a imaxe ao situar o horizonte xusto no medio. Se, ademais, situamos os elementos máis significativos da paisaxe preto das liñas verticais, obteremos fotos equilibradas.

Imagen relacionada

En canto aos retratos, o mellor é posicionar á xente nun dos lados do cadro e deixar o aire ao outro lado. Isto está directamente relacionado coa Lei da Mirada: se as persoas están orientadas cara a un dos lados, é nese lado onde debe quedar máis espazo, máis aire. Cando os retratos son primeiros planos recoméndase situar os ollos nalgún dos puntos fortes mencionados.

Imagen relacionada

No caso de que na foto houbese dous centros de interese, é recomendable buscar dous destes puntos, e, sempre que sexa posible, opostos, formando unha diagonal na foto. 

colocación de los centros de interés según la regla de los tercios
  • Que se consegue aplicando a regra dos terzos? 

Non sempre é necesario aplicar a regra dos terzos pero, por norma xeral, as imaxes serán máis atractivas debido a que:
  • Créase unha sensación de equilibrio.
  • A imaxe adquire máis interese e complexidade que se colocásemos simplemente ao suxeito ou obxecto no centro do encadre.
  • A foto ten máis forza e enerxía.
  • A imaxe gaña sensación de profundidade e deixa de ser plana.

el faro está colocado en uno de los puntos marcados por la regla de los tercios



A continuación, déixovos un vídeo que explica o uso da regra dos terzos e que, ademais, engade varios exemplos:




Comentarios

Entradas populares