O RETRATO FOTOGRÁFICO

Un retrato é a imaxe do rostro dunha persoa. É un tipo de fotografía moi común entre os profesionais e os aficionados.

O retrato fotográfico existe desde os inicios da fotografía. O daguerrotipo, por exemplo, popularizouse a mediados do século XIX grazas á demanda de retratos, que resultaban máis fieis e económicos que os realizados por debuxantes e pintores. Os estudos fotográficos naceron e prosperaron grazas aos retratos.

Imagen relacionada

Cando facemos un retrato non só debemos ter en conta aspectos como a iluminación, a composición ou o encadre, senón que debemos tentar reflectir a personalidade ou os sentimentos da persoa retratada. 

Todo bo retrato debe transmitir o estado de ánimo do suxeito no momento do disparo e, por iso, é importantísimo observar a quen se retrata. Os bos profesionais adoitan cultivar tres calidades esenciais: a empatía, a paciencia e a capacidade de observación. 

Ao fotografar a persoas é fundamental que se lles vexa ben. Existen diversas formas de resaltar a fisonomía do personaxe nun retrato xogando coa luz, o fondo, a perspectiva e a composición. No caso da luz, é importante que o suxeito teña sombras na cara que resalten as súas faccións, que lle dean volume. Se non é así, aparecerá unha cara "plana" sen relevo. Unha luz de recheo lateral pode axudar nalgúns casos.

Resultado de imagen de retrato fotografico

Para sacar un retrato orixinal e de calidade hai que ter en conta todos os elementos que sairán na foto, incluído o fondo. O máis recomendable, na maioría dos casos, é restarlle importancia desenfocándoo. Desta forma resaltarase ao suxeito e non se desviará a atención.

En canto á composición, depende de se se quere facer un primeiro plano, ou non. En calquera caso, hai que tratar de que o suxeito ocupe boa parte da imaxe e sexa o protagonista da mesma.

Unha regra básica na composición dos retratos é a Lei da Mirada, segundo a cal a persoa retratada debe ter máis espazo libre por diante, cara a onde mira, que por detrás. Isto achega máis expresividade á fotografía de retrato.

Imagen relacionada

O obxectivo fotográfico perfecto para a fotografía de retrato adoita ser o coñecido como "normal", de 50 ou 35 mm. Os teleobxectivos evitan as distorsións da perspectiva provocadas polo achegamento excesivo da cámara á cara, e permiten acurtar a profundidade de campo para desenfocar o fondo.

Nos primeiros planos, unha nitidez acentuada pode poñer de relevo algúns defectos da pel do modelo. Para suavizar a imaxe pódese colocar un filtro difusor, permitindo disimular as imperfeccións do rostro. Ou, en fotografía dixital, facer retoques a con programas específicos.

Imagen relacionada



Algúns fotógrafos destacados de retrato son:

  • Steve McCurry
retrato-steve-mccurry

  • Eric Lafforgue
Maestro de retrato con tribus

  • Joey Lawrence
Jessica Chastain, por Joey L.

  • Lidia Vives
Color Dust II, por Lidia Vives

  • Joel Santos
Joel Santos retrato

Comentarios

Entradas populares