A FOTOGRAFÍA ANALÓXICA

A fotografía analóxica (de rolo ou de carrete), tamén coñecida como fotografía tradicional,  arxéntica​ ou química,​ é o nome co que se describe ao proceso fotográfico tradicional que utiliza técnicas non dixitais para producir imaxes. Baséase nun proceso químico que involucra o uso dun material fotosensible activo e o seu revelado para a obtención e o procesado das imaxes.

Resultado de imagen de fotografia analogica carrete

O concepto "fotografa analóxica" xorde como unha necesidade cando chega a fotografía dixital. É o momento no que se engloba toda a fotografía anterior baixo a denominación "analóxica", como contrario ao termo "dixital". Cando falamos de fotografía análoga, en realidade estamos a referirnos á fotografía química ou fotografía arxéntica.



  • Fotografía Química
Entendemos como fotografía química toda aquela foto resultante dun proceso no que son indispensables os elementos químicos. Estes procesos químicos danse en distintos niveis. Desde os carretes ata o seu revelado.

Imagen relacionada

A fotografía química tamén se chama fotografía arxéntica debido aos sales de prata cos que se emulsionaban os soportes da imaxe e convertíanse en fotosensibles. Para que esta emulsión reaccione é necesario que sexan expostos á luz da escena que queremos captar. Á súa vez, é indispensable que estes soportes non sexan iluminados, nin previa nin posteriormente, xa que estragarían a captura.

A fotografía analóxica, desde os seus comezos, sufriu unha constante evolución. Empeza coa procura de emulsións que perduren no tempo e non se desvanezan, e continua coa procura de procesos que aceleren o tempo de exposición.

Resultado de imagen de fotografia analogica carrete

A fotografía química máis estendida sérvese de carretes de película que se expoñen á luz con cámaras de foto analóxicas. Estes carretes necesitan revelarse e as súas imaxes se positivan e amplían sobre papel fotográfico.

Resultado de imagen de fotografia analogica revelado

Aínda que coa chegada da fotografía dixital a fotografía analóxica sufriu unha pronunciada caída en desuso, correntes como a lomografía séguena mantendo viva converténdoa mesmo nunha moda. Carretes, reveladores, papeis, cámaras e emulsións, séguense demandando polos amantes da fotografía tradicional.




O seguinte vídeo é un exemplo dunha "sesión de fotos" (feita en Ámsterdam) cunha cámara analóxica:




Comentarios

Entradas populares