A FOTOGRAFÍA POLAROID
A fotografía instantánea, xeralmente coñecida como fotografía Polaroid, é unha curiosa variante da fotografía analóxica. A súa particularidade reside en que non necesita do revelado nin do seu posterior ampliado tradicional para obter a foto final.
É, como o seu nome indica, unha fotografía instantánea, coa que obtemos os resultados aos poucos segundos de pulsar o disparador da cámara.
A fotografía instantánea toma o seu nome coloquial do fabricante que inventou a primeira cámara que sacaba fotos ao momento, a compañía estadounidense Polaroid. O invento foi tan revolucionario que chegaron a chamalo "A cámara máxica".
A película Polaroid trae incorporados, nun pequeno saquito, os elementos químicos que fan falta para revelar e fixar a imaxe capturada pola cámara. Pódese dicir que cada foto é un pequeno laboratorio automático que realiza todos os procesos necesarios por si só.
Cando pulsamos o disparador dunha cámara Polaroid, esta expón a fotografía á luz. Ademais disto, vai expulsando a folla fóra da cámara a medida que dous rodetes apertan o pequeno saco onde os químicos están contidos, deixándoos saír do seu contedor e comezando o proceso de revelado. Aos poucos segundos, os químicos actúan e nós teremos a fotografía final nas nosas mans.
Como é lóxico, este tipo de películas só pode utilizarse en cámaras especialmente deseñadas para fotografía instantánea. Os modelos son numerosísimos, pero todos teñen as mesmas características xerais e son moi sinxelos de usar xa que, polo xeral, só dispoñen do botón disparador e outro para axustar o tempo de exposición.
Este último botón non funciona como o obturador das cámaras convencionais. Con el non podemos controlar o tempo exacto, senón que lle diremos que tipo de luminosidade temos na escena, se luz de día, interior ou nocturna, e a cámara axustará o seu tempo en función destes datos.
Outro dos trazos característicos da fotografía Polaroid é o seu formato e o seu tradicional marco branco.
No ano 2008 a compañía Polaroid declarouse en quebra debido ao auxe da fotografía dixital. Isto provocou que se deixase de fabricar este tipo de película e púxose en serio risco á fotografía instantánea analóxica. Pouco despois, a compañía Impossible Project decidiu retomar a fabricación de cámaras e papeis Polaroid polo que, de momento, este tipo de fotografía non caerá en desuso.
A continuación deixo un vídeo cunha serie de consellos para facer fotografías instantáneas:

Comentarios
Publicar un comentario