O FLASH

O flash é esa luz artificial que utilizamos para iluminar o que queremos fotografar dun modo puntual. É o principal elemento da iluminación fotográfica. Os flashes en fotografía foron concibidos para fotografar no caso de que a luz da escena, natural ou artificial, sexa insuficiente para facer unha exposición correcta. Cando a iluminación é escasa, o flash achegará a luminosidade que lle falta á toma.

Imagen relacionada

O flash emite escintileos de luz moi breves que bloquean o movemento, tanto do motivo como da cámara. A luz emitida polo flash non se pode medir co exposímetro incorporado na cámara. Se non dispoñemos dun Fotómetro de man, será imprescindible coller como referencia o número guía do flash, que permite calcular o diafragma en relación á distancia do motivo.



  • O cálculo do número guía do flash
O número guía (NG) indica a potencia do escintileo que emite o flash e que varía dependendo da sensibilidade ISO asignada á cámara. É o produto da apertura (en números  f/ de diafragma) e a distancia entre o flash e o motivo a fotografar expresada en pés, en metros ou en ambas magnitudes.


Imagen relacionada

Para pescudar a distancia máxima á que se pode colocar o suxeito para que sexa iluminado polo flash, hai que dividir o número guía pola apertura do  diafragma. Canto maior número guía teña o noso flash, máis potente será.


  • Partes do flash
Un aparello de flash componse de, polo menos, dous partes: o facho e o xerador.

Resultado de imagen de partes del flash

  • O xerador:  É o compoñente que proporciona alimentación eléctrica ao facho. A súa peza principal é o condensador, que almacena a enerxía eléctrica para liberala nun instante. Cando se dispara a cámara, o condensador descarga a súa enerxía nun tempo moi breve. A electricidade chega á lámpada e convértese en luz, producindo o escintileo rápido e brillante que todos coñecemos. 


  • O facho:  É a "lámpada" do flash, un tubo con gas Xenón no que se produce unha descarga eléctrica. Un flash normal produce unha luz branca direccional cunha temperatura de cor de 5600º K. Este sistema produce pouca calor, aproveita moi ben a enerxía e asegura unha longa duración do facho.


  • A Lei do cadrado inverso

A Lei do cadrado inverso ou Lei a inversa do cadrado, é unha lei que se aplica a todo tipo de iluminación. Esta lei di que a intensidade da luz é inversamente proporcional ao cadrado da distancia. Significa que a intensidade da fonte de luz diminúe o cadrado da distancia que separemos do obxecto, e aumenta o cadrado da distancia que acheguemos ao obxecto.

Resultado de imagen de ley del cuadrado inverso
Explicado doutra forma, se iluminamos un obxecto cun flash que está a 1 metro de distancia, a intensidade da luz diminuirá 4 veces (isto é o dobre do cadrado) cando poñamos o obxecto para fotografar ao dobre de distancia, é dicir a 2 metros.

Coñecer esta lei axudaranos a iluminar a escena e a saber aproveitar as fontes de luz das que dispoñamos.

Comentarios

Entradas populares