O POSITIVADO
Positivar fotografías, como o seu nome indica, é converter a imaxe negativa da película nunha imaxe en positivo.
Un negativo é unha imaxe fotográfica na que as luces aparecen en tons escuros e as sombras en tons claros. En cor prodúcese unha inversión cromática, e cada cor aparece representado polo seu complementario. A partir dun negativo obtense un positivo proxectándoo nun segundo material fotográfico, xeralmente un papel.
A esta imaxe en positivo chámaselle normalmente copia. Dun negativo podemos obter infinitas copias sempre que manteñamos este en condicións óptimas.
Como na película convencional, a imaxe fórmase cos tons investidos, xorde a necesidade de crear un proceso final no que poder ver a imaxe tal e como a quixemos captar na realidade. De aí nace o positivado.
Pódense positivar negativos de dous modos. Por unha banda está o positivado por contacto e por outra o positivado por ampliación.
Deste xeito, o papel, que ten unha emulsión fotosensible, reaccionará e escurecerá máis as zonas nas que incidiu máis luz e menos nas que o negativo sexa o suficientemente opaco como para que esta non traspase ou o faga en moi pouca cantidade. Así, sobre o papel quedará exactamente a imaxe "contraria" á que temos no negativo, é dicir, o positivo.
Tira de probas
A técnica de positivado por contacto utilízase habitualmente para sacar o que se coñece como folla de contacto. Nesta folla de contacto dispóñense sobre o papel todos os negativos, e expóñense á luz o tempo determinado por unha tira de proba que fariamos previamente.
Como resultado, obteremos un positivo de todos os negativos xuntos nos cales poderemos identificar facilmente cada imaxe e elixir a máis adecuada para a súa ampliación.
O modo habitual para saber canto tempo de exposición necesita cada negativo para positivarse, obtense realizando unha tira de proba. Para conseguila expoñeremos o negativo sobre un papel fotográfico que non fose exposto da seguinte maneira: Taparemos o papel cun cartón deixando só unha liña ao contacto coa luz e expoñerémola un período de tempo determinado.
Unha vez exposto á luz a cantidade que consideramos a máis correcta, podemos proceder a revelar o papel.

- Positivado por contacto

- Positivado por ampliación
Unha ampliadora é un aparello que consta de diversos elementos electrónicos e ópticos para poder expoñer o papel fotosensible, interpoñéndolle o negativo e conseguindo que a imaxe proxectada sexa dun tamaño superior ao do negativo. É dicir, a copia positiva resultante estará ampliada con respecto ao fotograma da película.
Para a exposición da copia usaremos un temporizador de ampliadora que, conectado a esta, permitiranos controlar o tempo exacto de exposición acendéndoa e apagándoa segundo o tempo programado.
Unha vez exposto o papel, xa está listo para o revelado.
Comentarios
Publicar un comentario