A COMPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Dominar a composición en fotografía é tan importante como dominar a iluminación, ou as partes e prestacións da cámara.

Abordar o tema da composición fotográfica non é tarefa fácil, xa que existen numerosas definicións, regras e leis que nos din cal é a mellor maneira de compoñer para que as nosas fotos enganchen ao espectador.

Resultado de imagen de la composicion en fotografia

En esencia, a composición consiste en elixir a posición que terán os elementos dentro dunha fotografía. Nunha maneira figurada, se estes elementos e a iluminación son o vocabulario a disposición do fotógrafo, a composición é a gramática que se usa para facer que esas palabras teñan sentido e formen unha frase.

A definición máis completa de composición descríbea como "o proceso de seleccionar, dispoñer e salientar as partes que compoñen unha imaxe, para apoiar e sustentar a mensaxe que o fotógrafo pretende transmitir". 

Saber mirar
Saber mirar é a habilidade de observar que temos diante e visualizar mental e inmediatamente como iso quedará enmarcado dentro do cadro da foto. É a habilidade máis importante do responsable de tomar a fotografía porque, non só determina que elementos visuais aparecerán na imaxe, senón tamén como influirán estes á hora de disparar.

Moita xente cre que saber mirar é un don, pero a realidade é que case calquera pode aprender a facelo coñecendo os procesos cerebrais da percepción da información visual.

Resultado de imagen de la composicion en fotografia

Comparado coa maioría das calidades que se requiren para ser un bo fotógrafo, aprender a mirar é relativamente fácil de mellorar, pero pode supoñer un gran reto e require, ademais, de moita práctica.

A composición e a capacidade de observar ("saber mirar") están intimamente relacionados, mesmo hai quen usa os termos co mesmo significado. Sexa como sexa, hai unha serie de regras que nos axudarán en ambos os procesos e servirannos de guía para organizar as formas dentro do espazo visual dispoñible. Todo isto mantendo sempre un sentido de unidade na imaxe para que o resultado sexa harmonioso e esteticamente equilibrado.


Resultado de imagen de la composicion en fotografia


En resumo, compoñer é igual a crear. A maior parte das boas fotografías foron creadas. A verdadeira forza dunha boa imaxe radica na combinación dun motivo e unha composición vigorosa; o que se decide deixar fóra da imaxe é tan importante como o que se inclúe nela.

Comentarios

Entradas populares