O SISTEMA DE ZONAS

O sistema de zonas é un sistema de medición de luz e de revelado creado polo fotógrafo francés Ansel Adams. Este é un método que axuda a conseguir que os tons da escena queden representados na copia da forma que o fotógrafo elixa.

Imagen relacionada

O principio do sistema de zonas é simplificar toda a gama de tons posibles da copia, desde o branco ao negro, en 11 tons principais ou claves que se coñecen como zonas. Estas zonas numéranse do 0 ao 10 en números romanos. É dicir, do 0 ao X. Estes tons crave ou zonas son tons concretos na copia que están separados na escena por un paso de diafragma.

Resultado de imagen de sistema de zonas fotografia

En base á escala de zonas determinada por Ansel Adams podemos falar de fotografías en Clave Baixa e fotografías en Clave Alta.

Claves tonais
As claves tonais son unhas das ferramentas máis efectivas en fotografía para crear sentimentos. As altas ou baixas luces poden provocar emocións no espectador da fotografía, que varían en función da clave que elixísemos para a nosa fotografía. Aprender a dominar esta técnica é moi sinxelo e xerará grandes resultados nas nosas imaxes.


  • Clave Alta 

As fotografías en Clave Alta son aquelas nas que predominan as zonas altas da gráfica proposta no Sistema de Zonas. Isto é, as zonas que van desde o número VII ao número X. É por isto polo que nestas fotos predomina a luminosidade e os tons claros, xa que son imaxes que ofrecen pouco contraste.

As fotografías en clave alta están, normalmente, correctamente expostas coa excepción de ter na toma altas luces. Neste tipo de fotos non existe o negro puro só tons de grises intermedios. Dan a sensación de limpeza, tranquilidade e pureza.

Resultado de imagen de clave alta fotografia
  • Clave Baixa 

Unha foto tomada cun esquema de iluminación en Clave baixa, é aquela na que predominan as baixas luces. É dicir, a foto oscila entre as zonas III e 0 do sistema de Ansel Adams.

Este tipo de fotografías están estratexicamente iluminadas para non perder detalle da escena e poder provocar profundas emocións ao espectador. O seu efecto adoita ser o contrario ao da clave alta. Transmiten inquietude e dan un ton máis intimista á imaxe.

Resultado de imagen de clave baja fotografia



Comentarios

Entradas populares