REGRAS FUNDAMENTAIS DE COMPOSICIÓN
En fotografía existen unha serie de leis que serven como base para que as nosas fotos estean ben compostas. Estas leis ou regras, como todas as demais, non son de obrigado cumprimento, pero coñecelas axudaranos a mellorar infinitamente a composición das nosas imaxes.
Estas regras básicas son as seguintes:
A simplicidade
En composición fotográfica, a maior parte das veces, menos é máis. Isto significa que debemos evitar rexistrar na foto todos aqueles elementos que desvíen a atención da mensaxe que queiramos dar.
Para levar a cabo a regra da simplicidade aconséllase utilizar fondos sinxelos, elixir a parte do motivo que queiramos tomar, e evitar que os motivos que non estean relacionados co tema principal da imaxe compitan entre eles.
Lei da mirada
Esta lei di que cando estamos a fotografar a un suxeito debemos deixar un espazo, tamén chamado aire, na dirección na que o protagonista está a mirar. Deixar este espazo provoca a ilusión de que ese suxeito está a observar algo, aínda que non o vexamos, e esperta o interese do espectador.
Lei do horizonte
Este principio da composición di que, se separamos o que estamos a encadrar en tres partes iguais, o horizonte debería estar preto dunha das dúas liñas que o divide.
Falamos da liña do horizonte, pero esta regra é válida para todas as imaxes que teñan unha liña horizontal que divida a composición en dous espazos diferenciados.
A simetría
Outra técnica que hai que ter en conta á hora de compoñer é a simetría. As composicións poden ser simétricas ou asimétricas.
Nas fotografías compostas simétricamente os elementos están colocados de maneira igual ou similar arriba ou abaixo, á dereita ou á esquerda da imaxe.
Pola contra, a composición asimétrica ten como características ser irregular en canto a estrutura, pero dinámica e áxil. Este tipo de composición non dispón os elementos desordenadamente, só os organiza de distintas formas.

Comentarios
Publicar un comentario