TIPOS DE LUCES E CONTRASTE

Para dominar a iluminación fotográfica a un nivel máis profesional é necesario ter unhas nocións básicas acerca dela. Coñecer cales son os seus conceptos principais axudaranos a manexar a iluminación e a usala adecuadamente para obter a fotografía que queremos. Estes conceptos básicos son, entre outros, a luz principal, a luz de recheo ou luz de base, a luz de efecto e a luz de fondo.


Resultado de imagen de iluminacion fotografia


Tipos de luces

  • Luz Principal: Tamén chamada luz guía. É a fonte de luz máis importante na toma. A ela subordínanse todas as demais fontes. A luz principal é a responsable da claridade básica e da modulación do obxecto. Isto significa que é a luz que se encarga da distribución das luces e as sombras no motivo.



  • Luz de Recheo: Tamén coñecida como luz de aclarado ou luz de base. É unha luz secundaria dentro do esquema de iluminación do estudo e serve para aclarar sombras e reducir o contraste. Normalmente búscase só un leve aclarado para conseguir detalle nas zonas escuras, polo que a súa potencia será sempre menor que a luz principal. A luz de base non debe alterar nunca o carácter da luz principal nin o efecto da imaxe que xa conseguimos. Para esta luz poden empregarse fontes que xeren luz suave e dispersa como son as xanelas, os paraugas ou os reflectores.



  • Luz de Efecto: Tamén coñecida como luz puntual. Son luces cun feixe que destaca determinadas partes do obxecto e alixeira o efecto principal da imaxe cando se proxecta debidamente. Se colocamos esta luz na parte traseira do obxecto, desde unha posición de contraluz, a luz de efecto produce un halo ao redor do suxeito. En función da súa posición, a luz de efecto pode pronunciar contornos ou destacar detalles e estruturas. Debe aplicarse con coidado e non desequilibrar a iluminación xeral.



  • Luz de Fondo: A luz de fondo pode ter varias funcións. Utilízase ou ben para iluminar uniformemente ou para provocar unha degradación entre a figura e o fondo. Isto provoca que separemos ao suxeito do fondo e dá tridimensionalidade á foto.

Imagen relacionada

Relación de contraste
A relación de contraste fai referencia á relación ou á diferenza que hai entre a luz principal máis a luz de recheo, e a luz de recheo soamente. Isto sérvenos para modelar as figuras, é dicir, darlle sensación de tridimensionalidade. Este cociente de iluminación pódese saber ou ben medindo a luz incidente na escena co fotómetro, ou ben medindo a luz reflectida co  fotómetro da cámara e unha carta gris ao 18%.

A relación de contraste ou cociente de iluminación exprésase con puntos de diafragma da seguinte forma, por exemplo: 1:2 onde o 1 representa á luz principal e o 2 representa á luz de recheo. Isto significa que a luz principal ilumina dúas veces máis que a luz de recheo, é dicir, 1 paso de diafragma. Se a cociente de iluminación é 4:1, significa que hai dous pasos de  diafragma de diferenza entre a luz principal e a luz de recheo.

Resultado de imagen de contraste fotografia

Comentarios

Entradas populares