FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL

A fotografía documental pretende representar fielmente e conxelar un fragmento ou momento da realidade. Céntrase nas persoas e nos grupos sociais para mostrar aspectos da súa vida cotiá.

Pódese definir a fotografía documental de moitas maneiras. Unha definición moi estendida e aceptada di que "unha foto documental nace coa intención de plasmar a realidade nunha imaxe fixa".

Podería entenderse que todos os tipos de fotografía son documentais, xa que mostran algo que está a ocorrer diante da cámara.. Con todo, este tipo de foto só fai referencia ás imaxes que mostran evidencias de que un evento ou situación realmente ocorren, e que sería así, aínda que non estivese alí o fotógrafo para documentalo. 

A principios do século  XX a fotografía converteuse nunha linguaxe visual que servía para contar historias. Os fotógrafos documentais retrataron desde entón todos os conflitos, inxustizas e problemas sociais: os barrios marxinais, as condicións de traballo degradantes, os estragos das guerras, a pobreza, o terrorismo, as drogas...

Máis que informar, a miúdo este estilo de fotos pretende chamar a atención ou concienciar á sociedade sobre algún tema, evento, personaxe, grupo social ou condicións de vida. Ou ten un sentido de protesta. En todo caso, adoita ser un formato de imaxe moi expresivo, ás veces cru, que non necesita explicación.

Como o obxectivo final deste tipo de fotografía é relatar e, como o seu nome indica, documentar un feito, o habitual é que estas fotografías constitúan unha serie ou grupo. Estas series de fotos documentais ilustran e relatan, maioritariamente, os acontecementos en grupo que individualmente.


Algúns fotógrafos destacados da fotografía documental son:



  • Sebastiao Salgado
Fotografía documental por Sebastiao Salgado

  • William Eggleston
Fotografía documental por William Eggleston

  • David Goldblatt
Fotografía documental por David Goldblatt
  • Dorothea Lange
Fotografía documental por Dorothea Lange


  • Elliot Erwitt 
Fotografía documental por Elliott Erwitt


  • Ernest ColeFotografía documental Ernest Cole

Comentarios

Entradas populares