ACCESORIOS FOTOGRÁFICOS

Máis alá dos accesorios máis importantes e necesarios como o obxectivo fotográfico ou o trípode, existen outros accesorios menos comúns que son moi útiles. Estes accesorios axudan a facer fotos de mellor calidade, diferentes, e incluso máis creativas. A continuación vou a falar de tres accesorios fotográficos que serven para mellorar a calidade da luz, ou para crear efectos a partir dela. 





Reflectores 
Serven para reflectir a luz, encher sombras, lograr equilibrio entre luz e escuridade, e funcionar como unha segunda luz cando non a hai. O máis coñecido é o reflector 5 en 1, que consiste nun anel flexible con diferentes superficies para axustar:
    Reflector 5 en 1
  • Branca: Rebota a luz de forma suave e non modifica a temperatura de cor.
  • Negra: Absorbe o exceso de luz e intensifica as sombras.
  • Dourada:  Rebota a luz achegando un ton máis cálido.
  • Prateada: Rebota máis luz que o branco e  non modifica a temperatura de cor.
  • Difusor: É o disco traslúcido ao que se axustan estes catro reflectores.

Na seguinte imaxe aprécianse os efectos dos distintos reflectores:

Reflectores



Filtros
Os  filtros son accesorios para os nosos obxectivos, formados por cristais de varios tipos segundo a súa función ou o efecto que queiramos para nosas fotografías. Poden ser de forma circular, cadrada ou rectangular. Axústanse na parte frontal do obxectivo, co fin de conseguir un determinado efecto na fotografía.
Para axustalos á perfección, o diámetro da rosca ha de ser o mesmo no filtro e no obxectivo, e adóitase indicar co símbolo Ø e expresado en milímetros, por exemplo Ø 58mm.
Os materiais máis habituais son: o vidro, o cristal, a xelatina, o metacrilato...
filtros fotografia
Os  filtros teñen moitos usos segundo as necesidades que teñamos e da situación fotográfica.
Dependendo do uso ou o efecto que queiramos darlle, usaremos uns  filtros ou outros.
Podemos quitar a luz ultravioleta, escurecer a exposición, evitar reflexos  indeseados, saturar as cores, variar o balance de brancos...
O seu uso vai desde a simple protección da lente ata outros usos moi variados como: cor e balance de brancos, escurecer a exposición, reducir reflexos e saturar cores, axustar a exposición por zonas, fotografía infravermella, efectos con formas creativas ou mesmo efectos retro, entre outros.

filtros de fotografia


Prisma
Un prisma é un obxecto capaz de refractar, reflectir e descompoñer a luz nas cores do  arcoíris. Xeralmente, estes obxectos teñen a forma dun prisma triangular, de aí o seu nome.
O uso da  refracción da luz mediante o uso de prismas é cada vez máis popular na fotografía creativa. Desta forma, créanse raios de luz das diferentes cores do arcoíris ou reflexos de tons brancos,  azulados ou alaranxados dependendo da temperatura de cor ambiente en función da luz utilizada ou da hora solar. Esta serie de reflexos crean un clima luminoso.
O seu principal uso sitúase na fotografía de retrato e na fotografía artística.

A continuación, deixo unha imaxe do prisma en si, outra dun efecto provocado polo prisma e, por último, un vídeo moi útil que nos dá unha serie de consellos para utilizar o prisma. 

Imagen relacionada

Imagen relacionada





Comentarios

Entradas populares