FOTOGRAFÍA HDR


  • Que é a fotografía HDR?

A fotografía HDR (Alto Rango Dinámico) é unha técnica para procesar imaxes que busca abarcar o maior rango de niveis de exposición en todas as zonas, e que permite obter imaxes máis acordes ás visualizadas polo ollo humano. Esta fotografía conséguese mediante a mestura de varias fotos do mesmo lugar con diferentes exposicións. 

A técnica do HDR permite que todas as zonas da fotografía queden perfectamente expostas, aínda que teñan un gran contraste entre luces e sombras.

Imagen relacionada

Á esquerda temos unha fotografía con contraste entre luces e sombras e, á dereita, unha fotografía HDR. 

  • Que se necesita para facer unha fotografía HDR?

Para facer unha fotografía en HDR necesítase disparar varias fotos con diferentes exposicións, para despois seleccionar e montar as zonas ben expostas de cada unha delas mediante un programa informático (Photoshop, Lightroom...). Para iso necesítase unha cámara que permita realizar axustes manuais e un trípode. 



Aínda que con dúas fotos xa poderiamos tentar facer un HDR, adóitanse facer 3 fotos: unha cunha exposición media, unha subexposta e outra sobreexposta. Con todo, cantas máis fotos se realicen, maior rango dinámico se pode abarcar.



Resultado de imagen de fotografia hdr proceso

  • Condicións para conseguir un mellor HDR
Para obter unha boa fotografía HDR, as fotografías orixinais deben cumprir unhas condicións de iluminación específicas. É por iso que hai diferentes tipos de fotografía onde o HDR funciona realmente ben, por exemplo:

A fotografía en días nubrados adoita ofrecer resultados impresionantes, onde se consegue un gran dramatismo no ceo debido ao gran contraste do resto dos elementos.

A fotografía en días moi claros, onde as luces e as sombras están especialmente contrastadas. Grazas ao HDR pódese suavizar ese alto contraste sen perder detalle nas sombras e sen queimar as altas luces.

A fotografía de interiores, onde, grazas ao HDR, non se necesita utilizar flash.

A fotografía nocturna, onde se consegue un resaltado de certas cores  sen alterar demasiado o aspecto final ao que estamos afeitos.



Este vídeo explica que é o HDR e o proceso de edición das tres fotografías (en Photoshop) para dar lugar á fotografía HDR.







Comentarios

Entradas populares