A COMPRENSIÓN

A compresión dunha fotografía é a redución dos datos dixitais que non resultan necesarios e importantes. Esta compresión permite almacenar maior número de imaxes ao conseguir que os arquivos resultantes non ocupen moito espazo.

Resultado de imagen de formatos de imagen


O gran tamaño dos arquivos de imaxe fixo que se desenvolvan moitos métodos para comprimir datos. A compresión é unha parte moi importante no fluxo de traballo con imaxes dixitais, xa que sen esta os arquivos ocuparían a maior parte dos nosos sistemas de almacenamento, e a súa velocidade de transferencia veríase diminuída.

Hai dúas clases principais de compresión, a compresión con perda, coñecida tamén como  Lossy polo seu nome en inglés ou a compresión sen perda, para a que o termo en inglés é  Lossless.

Compresión sen perda
A compresión sen perda utilízase cando é importante conservar a calidade da imaxe. Deste xeito organízanse os datos da imaxe con maior eficiencia sen eliminar información, o que permite unha boa reconstrución da imaxe.

O grao de redución de información deste tipo de imaxes está limitado, xa que os métodos sen perda non adoitan lograr cocientes de compresión superiores a 2:1. Isto significa que o arquivo reducido ocupa a metade que o arquivo orixinal.

A compresión tamén depende do contido da imaxe. A maior detalle menos pode comprimirse. Os dous arquivos de imaxe que teñen a opción lossless máis usados son o formato TIFF e o PNG. Este tipo de compresión é a menos utilizada, xa que os arquivos, aínda reducindo os seus datos, adoitan ocupar gran cantidade de espazo.


Compresión con perda
A compresión con perda descarta información que considera innecesaria conseguindo unha redución de datos moito maior. O principal inconveniente, como o seu nome indica, é que a calidade pode verse mermada ata niveis inaceptables.

Estes métodos de comprensión funcionan baixo o parámetro de que parte da información da imaxe é irrelevante ou mesmo é imperceptible para o ollo humano.

O formato lossy máis habitual é o JPG. Este método permite ao usuario seleccionar distintos axustes baseados na calidade visual da imaxe sendo posibles cocientes de ata 100:1.

Resultado de imagen de comprimir imagenes

Comentarios

Entradas populares