A FOTOGRAFÍA DIXITAL

A fotografía dixital é unha variación da fotografía química tradicional, na que se utilizan dispositivos dotados dunha serie de fotodetectores electrónicos en lugar de película  fotosensible. Dito doutra forma, a fotografía dixital é aquela na que o resultado son imaxes dixitais, non analóxicas.

Imagen relacionada

As imaxes dixitais son unha representación numérica dunha escena en dúas dimensións. Esa representación está feita, normalmente, en código binario.

O código binario é un sistema que utiliza dous números para representar imaxes, textos ou ordes dunha computadora. Estes números son o 0 e o 1 e coñécense co nome de Bit. En fotografía dixital o sistema  binario relaciónase directamente cos Píxeles.

Resultado de imagen de fotografia codigo binario

Un píxel é a unidade mínima dunha imaxe dixital de mapa de bits. Estes están dispostos sobre unha matriz con filas e columnas e almacenan a información de luminosidade ou ton da escena. A maior número de filas e columnas, maior número de píxeles, e en consecuencia, maior detalle de imaxe. As imaxes en mapa de  bits defínense pola súa anchura e altura en píxeles e pola súa profundidade de cor.

A Profundidade de Cor fai referencia á cantidade de bits (1 e 0) que fan falta para que unha cor quede representada fielmente nun píxel.

Pero non todas as imaxes dixitais son en mapa de bits. Tamén existen as imaxes vectoriais. Este tipo de imaxe é o resultado dunha descrición xeométrica (vectores) da realidade.
Resultado de imagen de fotografia mapa de bits

As fotografías que tomaremos coas nosas cámaras serán sempre en mapa de bits, aínda que poderemos pasalas a imaxes vectoriais editándoas nun computador.

Comentarios

Entradas populares